Friday 17 de May de 2024

Boa resposta da xente de Ordes na Festa dos Cans


Decenas de veciños, veciñas e residentes de fóra do municipio participan na xornada de portas abertas na canceira de Ordes. Entre os obxectivos están aumentar o nivel de adopcións e dar a coñecer o funcionamento do centro

Numeroso público pasou polas instalacións da canceira de Ordes ‘Segunda Oportunidade’ para participar da primeira ‘Festa dos cans’. A xornada de portas abertas que se desenvolveu propicia o contacto directo entre os animais residentes e persoas, ademais de ser unha oportunidade para quenes queiran coñecer de primeira man o funcionamento deste espazo de titularidade municipal. Incluso nas inmediacións se habilitaron espazos abertos para que os cans poidesen xogar cos visitantes, así como postos de venta con todo tipo de material e merchandaising da canceira para recadar fondos. Sen dúbida a mellor opción para pasar un bo rato con cans e xente amante dos animais.
Xa dende ben cedo comezaron a rexistrarse as primeiras adopcións de exemplares “o que deixa claro que este tipo de iniciativas e campañas dan un resultado positivo e que é este o camiño que temos que seguir para o conseguir que a nosa canceira sexa un paso intermedio no benestar e na felicidade de todos estes cans”, manifestou a concelleira de Medio Ambiente, Ana Soneira. A edil, que non se quixo perder a cita, tamén tivo palabras de recoñecemento par a os socios e voluntarios da asociación Amigos da canceira de Ordes Segunda Oportunidade. “Son unha peza fundamental no traballo que se está a levar a cabo no noso centro. Son un gran equipo que se caracteriza pola súa eficacia, compromiso, solidariedade e rigor á hora de realizar o seu traballo. Algo que poñen de manifesto as cifras, ao terse rexistradas unha cifra aproximada de 20 adopcións no que vai de ano”.
“Levámonos a Orión porque na casa dos meus sogros hai un mes que desapareceu o can que tiñan e agora non hai ningún. Preferimos adoptar porque así tamén botamos unha man aquí”, comenta a primeira muller en adoptar no día de hoxe na canceira, mentras se dirixía co seu fillo cara ao coche que os trasladaría a unha parroquia do municipio.
“Parece que non está afeito a andar con correa pero seguro que logo se afai”, dicíalle un neno ao seu pai saíndo co seu pequeno exemplar de can mestizo das instalacións, para posteriormente concretarlle ao seu avó que o nome do can é “Martín” e no “Martino” como lle oíra a él segundos antes.
Campaña de concienciación
Baixo o lema ‘Non merques, adopta ou acolle’ tanto os concellos da comarca como a Asociación Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade queren incidir na importancia de evitar o abandono animal e dos beneficios que supón adoptar un can. Pola súa banda o Departamento de Medio Ambiente de Ordes vén de iniciar unha campaña social mediante carteis, vídeos e cuñas sonoras que se están a difundir en espazos e inmobles públicos de todo o territorio municipal, así como a través das redes socias, páxinas webs, emisora municipal etc.

Tamén se insiste especialmente na posibilidade do sistema de acollida temporal en casas particulares á espera de familias adoptantes. Todo isto nun momento no que a canceira presenta un elevado número de exemplares, o que obriga a falar de saturación nas súas instalacións. De cara a melloralo faise un chamamento á poboación para que axuden, ben facéndose socios, voluntarios, acollendo exemplares ou adoptándoos. Pola súa banda o Departamento de Medio Ambiente de Ordes vén de iniciar unha campaña social mediante carteis, vídeos e cuñas sonoras que se están a difundir en espazos e inmobles públicos de todo o territorio municipal, así como a través das redes socias, páxinas webs, emisora municipal etc.

Outras das ideas que tanto o persoal especializado como os voluntarios transmitiron entre todas e todos os presentes foron os beneficios no estado de ánimo que supón a convivencia cun can, a normativa vixente, a importancia dos microchips, as sancións por abandono ou maltrato, ou a necesidade de esterilizar se non se desexan camadas.